NILS PETTER MOLVÆR -KHMER

Figura esencial do jazz europeo contemporáneo, o trompetista, compositor e produtor musical noruegués Nils Petter Molvær teceu, desde os anos noventa do século pasado, unha linguaxe propia onde o máis puro son da trompeta convive en harmonía coa electrónica, a improvisación e a exploración sonora.

Colaborador habitual dos grandes nomes do prestixioso jazz escandinavo, Molvaer é tamén un dos artistas europeos máis solicitados internacionalmente. A súa música ampliou os horizontes do jazz no Vello Continente ao longo das últimas décadas, e marcou a unha xeración enteira de intérpretes e compositores.

En 2023 cumpriuse o 25º aniversario de Khmer, disco revolucionario lanzado en 1998 que foi todo un fito —vendeu máis de 250.000 copias en todo o mundo— e que abriu un territorio novo onde o jazz dialogaba harmoniosamente co hip-hop, o drum’n’bass, o ambient, o techno, a música industrial e a música electrónica, axuntando a liberdade do jazz co potencial sonoro do pop/rock. Ritmos contundentes, palpitantes e unha inconfundible trompeta cargada de intensidade e calidez, foron os ingredientes principais dun álbum que segue sendo unha obra fundacional do jazz mestizo europeo contemporáneo.

Para conmemorar a efeméride, Molvaer e o grupo de excepcionais músicos que sempre o acompañaron decidiron volver levar aquel disco aos escenarios, revisando e actualizando o gravado máis de vinte e cinco anos atrás, para completalo desde a evolución que transformou aquela música no jazz dos nosos días.

Khmer é hoxe tan magnético e atrevido como o foi na súa orixe, e embarcános nunha viaxe emocionante que se move entre a intensidade, a beleza e a vibración electrónica. É unha ponte entre xeracións e xéneros, unha obra máxica que segue sendo inspiradora, sempre viva e sempre nova. Unha xoia da historia do jazz noruegués que nos leva a territorios inexplorados, coa súa heteroxénea, pero ao mesmo tempo complementaria, mestura de sons, estilos e ritmos.

NILS PETTER MOLVÆR -KHMER

22.30 h / Entrada gratuíta

FORMACIÓN: 
NILS PETTER MOLVAER – Trompeta 
EIVIND AARSET – Guitarra 
JAN BANG – Electrónica 
DJ STRANGEFRUIT – Platos 
AUDUN ERLIEN – Baixo 
RUNE ARNESEN – Batería 
PER LINDVALL – Batería

,