IAGO BANET
IAGO BANET

IAGO BANET

22.30 h / Entrada gratuíta

Iago Banet é un músico galego residente en Londres dende fai 10 anos. No Reino Unido, comenza a gravar discos cunha banda de Rockabilly, The Boo-Hoos (un EP - Lucky N7), unha de rock/jam band, JFK Blue (un disco - Rough Round the Edges; e un EP - Out of the Blue) e unha de blues, Deep Blue Sea (dous discos - Live it Up; e Strange Ways). Con estas bandas xira por todo o Reino Unido tocando en salas lexendarias como o 100 Club ou The Troubador en Londres. 

Paralelamente a estas bandas, comenza a desenrolar un proxecto en solitario no que se coñece como fingerstyle guitar.  O estilo caracterízase por tocar baixos, acordes e melodías ao mesmo tempo, "one man band", dando a impresión de haber máis dun intérprete no escenario. Grandes nomes de este estilo son Merle Travis, Chet Atkins, Doc Watson, Tommy Emmanuel, Tuck Andress ou incluso Joe Pass. 

Publica no 2023 o seu terceiro disco de estudio en solitario (TRES), gravado con Manu Conde e masterizado en Los Ángeles. O ano comeza no Celtic Connections en Glasgow onde Iago é clasificado como ‘highly recommended artist’. Toca en directo e é entrevistado dúas veces no prestixioso programa 'In Tune' da BBC Radio 3 e a súa música sona no famoso Blues Show de Cerys Matthews na BBC Radio 2. Toca en festivais como Aberjazz ou Brecon Jazz Festival en Gales ou Hellys International Guitar Festival en Cornwall. Comparte escenario con artistas como Josh Smith (Joe Bonamassa), Mark Flanagan (Jools Holland and his Rhythm and Blues Orchestra), Jack Broadbent e Clive Carroll, entre outros.