CYRILLE AIMÉE QUARTET

Cyrille Aimée creceu nun fogar multilingüe, cunha rica herdanza cultural, rodeada de música e ao ritmo da bachata e o merengue da República Dominicana, terra natal da súa nai. A súa casa familiar atopábase en Samois-sur-Seine, unha pequena cidade situada ao sueste de París, famosa por ser durante anos a sede do Festival Django Reinhardt, un dos maiores encontros anuais de jazz no centro de Europa. Sendo só unha adolescente, Cyrille escapaba de noite pola fiestra do seu cuarto para mesturarse cos músicos. Estas temperás experiencias espertaron nela unha enorme paixón polo jazz e a inspiración necesaria para perseguir o seu soño: vivir nunha comunidade musical global unida pola creatividade e a espontaneidade, sen límites nin fronteiras.

Deste xeito, aos 20 anos, Cyrille xa vivira en catro continentes. Tras unha tempada instalada en Santo Domingo, mudouse a Nova York, onde estudaba música durante o día e traballaba como cantante nos clubs de jazz de Manhattan pola noite. O seu talento precoz de intérprete improvisadora, cálida e enxeñosa, levouna a compartir escenario co lendario Roy Hargrove nun dos clubs de jazz máis famosos do mundo: o Teatro Apollo de Harlem.

Pouco tempo despois, foi apadriñada por Stephen Sondheim, unha das figuras do teatro musical neoiorquino, quen a invitou a actuar xunto a Wynton Marsalis e a Jazz at Lincoln Center Orchestra nun aclamado concerto no City Center de Nova York.

En 2007 foi galardoada como a mellor cantante no Festival de Jazz de Montreux. En 2010 foi finalista do prestixioso concurso de jazz Thelonious Monk, e en 2012 gañou o Primeiro Premio no Concurso Internacional de Cantantes de Jazz Sarah Vaughan.

No ano 2017 decidiu mudarse a Nova Orleáns, cidade da que se namorou tras unha visita na que puido tomar conciencia da súa singular mestura de herdanza latina, francesa e afroamericana. Alí puido explorar plenamente todas as facetas da súa propia identidade musical, liberándose para ir máis aló das limitacións dos xéneros e conectar coa súa creatividade interior.

En 2019 lanzou o seu álbum Move On, que incluía a composición, "Marry Me a Little", candidata a un premio Grammy. A partir de 2020, entrou no mundo dixital a través dunha serie de colaboracións en vídeos de YouTube e a súa preciosa versión de "La Vie en Rose" foi visionada máis de sete millóns de veces ata a data.

Chea de enerxía e imparable, en 2021 adquiriu un terreo nos bosques de Costa Rica, deseñou e construíu unha casa, e alí comezou un novo proxecto: compoñer cancións inspiradas na súa propia vida, abarcando cada aspecto da súa traxectoria ata ese momento, combinando a profundidade e a sofisticación do jazz coa inmediatez do pop e cos ritmos bailables e incontidos do Caribe. O resultado de todo iso foi o álbum titulado à Fleur de Peau, lanzado no ano 2024, e candidato aos premios Grammy.

En 2025 lanzou o seu último disco ata a data, 4.24 (Live), gravado en directo a partir de catro concertos ofrecidos no famoso club neoiorquino Birdland, durante o mes de abril de 2024 (de aí o seu título).

Para esta extraordinaria cantante e compositora, a música é tanto unha forma de vida como unha expresión artística, o que lle permite explorar o seu talento creativo alá onde a leven as inspiracións da súa rica herdanza cultural e a súa cosmopolita experiencia vital, sen deixar de ser sempre fiel ás súas raíces.

CYRILLE AIMÉE QUARTET

22.30 h / Entrada gratuíta

FORMACIÓN:  
CYRILLE AIMÉE - Voz, ukelele e looper  
CARL HENRI MORISSET - Piano e teclados 
MATTEO BORTONE - Contrabaixo e baixo 
PEDRO SEGUNDO - Batería e percusión

,