Antilia
Antilia

Antilia

22.30 h / Entrada gratuíta

“Antilia. Binomio de música viva. Resultado da suma dos acordes elegantes, máxicos e complexos da guitarra de José Churruca coa expresión do canto exquisito, intelixente e sutil de María Costas. Tres palabras que definen o seu fabuloso directo: Swing, Arte e Oficio.”         

(Maria Armesto, dramaturga, directora de teatro e profesora de canto.)  
 

Antilia nace en Pontevedra en 2014 da man de Jose Churruca e María Costas. A música de Antilia ten un sabor atlántico, aberto, nostálxico, pero tamén diáfano e vital.  

Antilia son:
María Costas: voz
José Churruca: guitarras
Jacobo González: teclados
Carlos Braga: baixo eléctrico
Miguel González: batería

Así definen a ANTILIA os que escoitaron o grupo:
Ten a música de Antilia un enorme poder de evocación que me leva como unha barca á deriva dunha emoción a outra. Éme tan familiar e tan descoñecida ó mesmo tempo, que me conmove e me pon alerta, atenta a unha nota inesperada, a unha cadencia da voz. Nunca sei onde me van levar porque a viaxe é distinta en cada canción.»

Anxos Sumai. Escritora

Na vida, existen e xermolan as contrastes; pero, «contraste», non implica «oposto», talvez, «diferente»… As culturas, sempre nos achegan as súas diferenzas e con elas, arriban ao noso peirao as súas cores e os seus arrecendos; pode que ata de paraxes por descobrir, pode que de paisaxes oníricas por explorarmos… Que tal se nos mergullamos nos seus mares collid@s pola man das nosas diferenzas tan igoais e encetamos esta viaxe coa música de Antilia?.” 

Ferxo Mourenza. Escritor e musicólogo.