XIX FESTIVAL INTERNACIONAL DE JAZZ E BLUES

O Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra chega á súa décimo novena edición, consagrado xa coma un referente da mellor música en directo de jazz e blues do noroeste da península. Novamente reunimos na Ferraría a intérpretes de jazz e de blues, cantantes e instrumentistas, que xunto cos concertos previos da Praza do Teucro, a tradicional actividade docente do "Pontejazz", a música itinerante pola rúa, e as "jam sessions" para os máis noctámbulos, conforman o programa do que xa é unha das citas clásicas do verán pontevedrés, ineludible para os afeccionados ao xénero, de dentro e fóra de Galicia.

jazzpontevedra@gmail.com