O Pontejazz preséntase outro ano máis cun programa moi atractivo que fai do XIX Festival Internacional de Jazz & Blues de Pontevedra o máis completo de tódolos festivais deste estilo musical en Galiza.
info: www.pontejazz.org, pontejazz@pontejazz.org ou no tlf.+34679454166
Mércores 20 de Xullo ás 22:30 h. Praza do Teucro.
Philip Dizack: trompeta
Taylor Eigsti: piano
Joe Sanders: contrabaixo
Rodney Green: batería
Philip Dizack está considerado pola prestixiosa revista de jazz estadounidense DownBeat Magazine coma un dos 25 «Trompetistas do Futuro». En 2007, Dizack compite coma o semifinalista máis xoven na «Thelonious Monk Jazz Competition». Dous anos antes e o gañador máis xoven do «Carmine Caruso International Jazz Trumpet Competition», do «National Trumpet Competition» ou do «John Coltrane Scholarship». En 2006 grava o seu primeiro traballo discográfico "Beyond a Dream" (Fresh Sound Records) e o DVD "Live in Barcelona - Featuring Greg Tardy». Tamén forma parte das bandas de Bobby Watson, Eddie Palmieri, Tim Warfield, Greg Tardy, Aaron Goldberg, Dr. Lonnie Smith, Nicholas Payton, etc.
Xoves 21 de Xullo ás 22:30 h. Praza do Teucro.
Yago Vázquez: piano
Rosolino Marinello: saxo tenor
Logan Richardson: saxo alto
Juan Cañada: contrabaixo
Max Gómez: batería
O pianista vigués Yago Vázquez e o referente actual do jazz galego en Nova Iorque. Neste concertó presentaranos o seu primeiro traballo discográfico «CHORALE» (free code jazz records) gravado o pasado verán en Pontevedra con músicos coma Logan Richardson, Aidam Carroll e Tommy Cranne.
JAZZ POLA RÚA
Mércores 20 ao sábado 23 de xullo de 13 a 14h e de 20 a 21 h.
CHIVINJAZZ STREET BAND
JAM-SESSION
Mércores 20 ao sábado 23 de xullo
PEDRO FREIJEIRO TRIO
PONTEJAZZ WORKSHOP
Venres 15 ao martes 19 de xullo de 11 a 14h.no antigo Conservatorio (Alfonso XIII, 7)