POR ESTRADA:
Autoestrada do Atlántico AP9 que vertebra a Galicia costeira de norte a sur pasando polas cidades máis importantes da comunidade.
Desde Portugal a A-3 conecta cidades portuguesas como Lisboa, Braga ou O Porto coa AP-9 que chega a Pontevedra.
A autovía das Rías Baixas (A-52) comunica Pontevedra coa meseta central e Madrid.
EN AVIÓN:
Galicia conta con tres aeroportos que farán a súa viaxe rápida e pracenteiro: O aeroporto de Peinador en Vigo, a 30 Km.; o de Lavacolla en Santiago de Compostela a 75 Km e o de Alvedro na Coruña a 134 Km. Todos eles conectados con autoestrada ata a cidade de Pontevedra.
EN TREN:
A rede de trens rexionais conecta Pontevedra coas principais cidades galegas.
Existen conexións diarias por tren con Madrid e Barcelona, así como múltiples combinacións con outras cidades do resto da Península e con Portugal.
EN AUTOBÚS:
En autobús tamén podemos chegar a Pontevedra a través das múltiples conexións con Madrid, Barcelona, Bilbao - San Sebastián - Irún, Asturias e Cantabria, Vitoria e Pamplona e rutas internacionais que enlazan a provincia de Pontevedra con Bélxica, Porto, Lisboa, Holanda, Alemaña, Polonia, Inglaterra, Francia e Marrocos.
PONTEJAZZ:
Praza do Teucro
FESTIVAL DE JAZZ E BLUES:
Praza da Ferraría
WORKSHOP: Antigo Conservatorio. Rúa Alfonso XIII
JAM SESSION: Por determinar.