Nacido en Roma en 1969, comezou a tocar o saxofón á idade de 13 anos. Por esa época o son de Art Pepper fíxolle non só descubrir o jazz, senón que lle espertou por este estilo de música unha paixón que xa nunca perdería. En 1997, gravou para o prestixioso selo «Blue Note» o seu primeiro disco como líder, un disco que levou como título Volare e que foi nomeado aos premios «Victoire de la Musique» dese mesmo ano. Para Stefano di Battista a música é algo moi aberto, e o seu álbum Trouble Shootin' é unha boa mostra diso. Neste traballo alterna períodos e estilos, desde o frenzied bebop aos relaxados ritmos da Bossa Nova, e do Jazz Rock psicodélico á sensualidade das orquestras ellingtonianas, utilizando tanto o saxo alto como o soprano. Este álbum foi gravado nun só día en París, e foi producido por Michael Cuscuna, un dos mellores produtores do selo «Blue Note». Ao longo dos anos, Stefano di Battista cultivou e perfeccionou o extraordinario virtuosismo e xenerosidade nas interpretacións que o fixeron destacar como un dos máis coñecidos músicos na escena internacional da última década. No seu último proxecto, «Woman's land» (2011), rende tributo a varias mulleres excepcionais cuxa existencia deixou unha pegada indeleble no tormentoso século XX.
Stefano Di Battista - saxo
Franck Agulhon - batería
Francesco Puglisi - baixo
Fabio Zeppetella - guitarra
Roberto Tarenzi - piano
STEFANO
DI BATTISTA