En 2003 o virtuoso da trompeta Randy Brecker e o saxofonista Bill Evans formaron «Soulbop», unha experiencia musical única que combinaba elementos do funk, o jazz, o soul e o blues. O resultado foi unha banda de músicos estrela que podían tocar todos eses estilos e virtualmente calquera outro tipo de música ao máis alto nivel. En 2011 o grupo volve de novo á escena cunha moi especial colaboración coa aposta musical de Medeski, Martin & Wood. Este trío aglutina unha inclasificable mestura de jazz, funk, «avant-noise» e, en menor medida, outras correntes musicais. A liberdade aos teclados de John Medeski, as cargas de profundidade ao baixo de Chris Wood, e os ritmos bailables que á percusión marca Billy Martin, conxúganse nun só organismo que se move gracilmente entre as composicións ben definidas e as máis expansivas improvisacións. Cando Medeski se propón describir as sensibilidades musicais do trío, sempre utiliza dúas palabras: «totalmente abertas...» Este é o espírito da aventura musical que os tres perseguiron durante dúas décadas.
Randy Brecker: trompeta
Bill Evans: saxos e teclado
John Medeski: teclados
Chris Wood: baixo
Billy Martin: batería
RANDY BRECKER
BILL EVANS