XIX FESTIVAL INTERNACIONAL DE JAZZ E BLUES

Nacido e criado en Minneapolis, José James creceu escoitando a Prince, oriúndo desa mesma cidade, pero tamén hip-hop e Modern jazz. Pronto descubriu a súa paixón por estes dous estilos de música e tamén a súa creatividade como compositor. Xa moi novo empezou a actuar por toda a cidade, cantando tanto standards de jazz como composicións orixinais súas, e versionando os traballos de John Coltrane co seu cuarteto. O seu disco «For all we Know» foi galardoado co «Edison Award» e o «L'Academie du Jazz Grand Prix», en ambos os casos como mellor disco de jazz vocal do ano 2010. Este disco gravouse ao longo dun só día nos «Galaxy Studios» de Bélxica e é un álbum de standards de jazz a dúo co pianista Jef Neve. Con el encheu ás máis afamadas salas de concertos como a Olympia ou o Royal Festival Hall e participou en importantes citas do jazz internacional como o Umbria Jazz Festival ou o Cotton Club de Toquio.

FORMACIÓN:
Jose James - Voz
Grant Windsor - Piano e teclados
Richard Spaven - batería
Chris Smith - baixoía
PRAZA DA FERRARÍA 22:30 H. Entrada gratuíta
24 / 07
JOSÉ JAMES