XX
FESTIVAL
INTERNACIONAL
DE JAZZ
E BLUES
PONTEVEDRA'12

O Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra chega á súa vixésima edición, consagrado xa coma un referente da mellor música en directo de jazz e blues do noroeste da península. Novamente reunimos en catro noites a intérpretes de jazz e de blues, cantantes e instrumentistas, na que xa é unha das citas clásicas do verán, ineludible para os afeccionados de dentro e fóra de Galicia.